AIGA FISIOTERAPIA

Aiga Fisioterapia é un espazo para o desenvolvemento persoal, para comprender a patoloxía e os síntomas da persoa e buscar solucións e estratexias para lograr a mellor calidade de vida posible.

O CENTRO

Ana Martínez Piñón

Son fisioterapeuta colexiada nº 1530, diplomada pola Escola Universitaria de Fisioterapia de A Coruña. Realicei a formación básica no Concepto Bobath para o tratamento de persoas con trastornos neurolóxicos, en Reeducación Postural Global (RPG) e no método Leduc do tratamento físico do edema, entre outras. Traballo como fisioterapeuta dende 2006. Realizo o meu traballo como fisioterapeuta dende unha visión holística do ser humano, da saúde e da enfermedade, e nese sentido tamén continúo a miña formación.