Masaxe: Distintas técnicas para relaxar a musculatura, aliviar a dor, tratar contracturas, mellorar a circulación e facilitar unha relaxación de todo o organismo.
Estiramentos analíticos e globais: Relaxan a musculatura, aumentan a súa flexibilidade e melloran a súa circulación. Optimizan a función muscular e favorecen a prevención de lesións e dor.
Reeducación Postural Global (RPG): Método de estiramento global, trabállase con todo o corpo prestando especial atención á respiración. Favorece a elasticidade, o aumento da mobilidade e a mellora da postura.
Drenaxe Linfática Manual (DLM) e vendaxe multicapas método Leduc: A DLM é unha técnica de manobras suaves que estimulan o sistema linfático. Ambas técnicas son parte do tratamento de elección no edema linfático.